Podo dicir que as Asturias son para min unha paixón. No sentido amplo do termo, no que ten de positivo e luminoso, mais tamén no que pode ter de obsesión e de teima insana. Ben sabido é que galegos e asturianos temos máis e menos, e o mesmo nos poñemos a caer dun burro mutuamente como nos recoñecemos en pulsións e ritmos que sabemos comúns ou, cando menos, moi afíns. Enténdese ben cando escoitamos o son do birimbao ou trompa, tan común na Fonsagrada como en Ibias, tan sabedora cando a toca o Pando como cando a tocaba Firme de Batribán. Ou cando botamos man desa palabra-comodín fermosa e eufónica onde as houber como é xeito, que tan ben rima nunha cantiga de Felpeyu como nunha da Luar Na Lubre.
Ben sabido é tamén que os nosos problemas principais veñen (non podía ser doutro xeito) por mor dos marcos, e desa leiriña que chamamos Eo-Navia ou Navia-Eo ou Terra de Entrambasaugas, na que penso eu que tantas enerxías e acordos se teñen malgastado. Mais até aquí, como podedes ver, nada que non caracterice unha auténtica veciñanza de aldea, esa veciñanza estraña e insólita para moitos urbanitas que non acaban de comprender como un día obsequiamos o noso veciño cun brazado de nabizas e ao seguinte nos alegramos de que se lle cravase o tractor na lama. Veciñanza noroccidental, sen dúbida. Galiza e Asturias, no fondo, son iso: dous veciños coa pucha calada até as cellas, un pito a medio apagar pendurando dos beizos e unha fonda e mesta cultura de rueiro. Fóra diso, ímonos levando. Afortunadamente, non nos queremos tan mal como para chantar un valado en plena ría, nin tampouco para deixarlle a ninguén facelo.
Nesa historia de difíciles relacións, así e todo, un leva moi gratas sorpresas, que se volven aínda máis gorentosas se cadra cando veñen como colofón dunha serie de (re)descubertas inesperadas. Falaba eu hai uns meses do grupo Tuenda, que tan boa sensación me causou no Intercéltico de Tapia e que eu a penas coñecía daquela. A partir de aí, mergullándome, fozando, buscando, lembrei que era precisamente o seu cantante Ambás o que interpretaba con Guillerme de Quempallou aquela estremecedora peza intitulada "L.lume" e que non poucas veces temos izado o Subcomandante Xallas e mais eu como bandeira dalgunha das nosas aventuras. "L.lume", ese himno alternado en galego e asturiano occidental que nos fala dun marco derrotado e dunha sensibilidade posíbel. E por aí foi a cousa, descubrindo o que significa Ambás no país veciño, o seu arquivo de música oral, o seu programa Camín de cantares, a súa personalidade matizada, a súa querencia polas melodías dese problemático Eo-Navia ou Navia-Eo ou Entrambasaugas, e a súa feliz idea de organizar dúas veces ao ano esa magnífica idea que é o Alcuentro de Pandereta Gallega ya Asturiana. E precisamente ao fío disto vén o vídeo que aquí vos deixo e que nos dá idea dos cimos que poden acadar as tradicións pandeireteiras de ambas as dúas marxes do Eo cando hai vontade e química. Pois velaquí temos un home de Bueu e un home do conceyu de Grau xuntando voces, afinando os dedos sobre o coiro, arrincando (é certo) l.lume de cada ferreña. Por certo, o remate do vídeo é espectacular, con esa especie de big band ástur que pon os pelos coma cravos.
Que falta fai unha dose de emocións sinceras nos tempos que corren.
(E se tedes a ocasión de ver a entrevista que lle están facendo ao insigne "parafilólogo" Carlos Marcos, máis falta vos fará...)

Ains, parezo o provedor quempallouístico oficial deste blogue, hehe. Conste que a cambio a Chaira permitiume descubrir na RPA o programa de Ambás, así que Ulmo 1-O Ghuilian 1
ResponderEliminarA verdade é que vistos así xuntos, o Ambás e máis Ghuille ata parece que se dan un aire, non? Está claro que hai cousas que están por riba de todo, e por moitas disputas que haxa por mor dos valados (que as hai, de pouco serve negalas) son moitas máis as cousas que nos unen, e ben que nos gusta xogar con elas.
Só a título informativo, e xa que vén a conto, que saibades que o próximo Alcuentro/Encontro dos que fala o Ulmo toca en Galiza, concretamente o sábado 14 de novembro no local Retrouso en Samil, Vigo. Todas e todos os que esteades interesadas, pois xa sabedes. Gastronomía, amizade e, o máis importante, lume de ferreñas ata que o corpo aguante!
Ah carallo! Pois xa levaba eu un tempo tentando saber cando e onde ía ser o Alcuentro! Pois como poder poida, alí conto estar!
ResponderEliminarO dos valados está aí, como ben dis, e desque as miñas querencias persoais se viraron (por motivos obvios) cara aos extremos nororientais da nosa terra puiden comprobar que, máis de marcos, o problema vai de veciñanzas en xeral. Igual que hai certo pique entre os de Santa Comba e os de Bembibre ou entre os de Begonte e os de Rábade, pois tamén o tiña que haber entre os de Ribadeo e os de Castropol, por exemplo, ría polo medio, iso si. O que me amola sinceramente é que despois veñan os insignes académicos cabecicubos da Asturias central a pontificar e a terxiversar todo o terxiversábel, historia e lingua incluída, con tal de demostrar que ese anaquiño entre o Eo e o Navia é máis asturiano có Cabrales e a Santina xuntos, se me descoido. Como cando dicían que o castro de Coaña era "ástur" ou que a ría "del Eo" (manda chover na Habana!) era de uso exclusivo dos asturianos! Non se darán conta do ridículo que fan? Imaxino que non.
Mais, quitando iso, ningunha veciñanza mal levada me vai impedir desfrutar coa voz de Ambás ou coa lembranza daquel programa de Lume Na Palleira dedicado a Firme de Batribán.
Saudiños Ghüilian!