Hoxe é día de nos manifestarmos. De saírmos á rúa e demostrar que non somos catro gatos politizados. De berrar a quen queira oílo que estamos aquí, que a nosa lingua é unha uz vibrante, un látego de arxila, e que non estamos dispostos a que nos rouben as palabras, as consignas, as frases crípticas, os incendios da gorxa.
E que lles pese aos pailáns de sempre, aos señoritos de sempre, aos que nunca entenderán o que se nos remexe no corpo cando escoitamos a un neno de cinco anos falando na lingua dos vellos, conectando, remontando moitas xeracións en cada sílaba. Eles non, eles xamais o entenderán.
Hoxe é día de manifestación e alí habemos estar. Porque se aínda somos galegos, é por obra e graza do idioma.
Hoxe é día de manifestación e alí habemos estar. Porque se aínda somos galegos, é por obra e graza do idioma.
Quero que saibas que sigo este blog desde os inicios, nin sei como cheguei a el, e que ademais é unha ferramenta didáctica moi útil -agora que nalgún centro da Terra Chá imos tendo pantalla interactiva e esas cousas-.
ResponderEliminarMoitos parabéns e moitas grazas
O´Cordal
Ai, mira, Ulmo, máis docentes da Terra Chá ca min (ben, eu ex, pero docente da Terra Chá "in pectore"). Ao final imos ser un lobbie poderoso neste blogue e todo, eh!
ResponderEliminarGraciñas aos dous, creo que vou andar unha semana inchado con estes comentarios tan gorentosos! :-) Procurarei pois manter o nivel e, na medida do posíbel, melloralo. Todo sexa por eses eidos chairegos que, segundo vexo, tanta memoria compartida acumulan!
ResponderEliminarApertas e terra