Ás veces un recibe leccións onde menos o espera. Era unha tarde soleada de comezos do outono. Fora difícil, case iniciática a subida até o mirador do Ézaro. Á nosa esquerda, as terríbeis penedías polas que nalgún tempo se debruzara o río Xallas en inaudita fervenza. Á nosa dereita, os páramos de Cee e Corcubión descendendo cara ao mar, e un pouco máis alá o promontorio sempre inesperado de Fisterra, coas illas Lobeiras en fronte. A miña memoria ía ubicando os nomes sobre as feituras da paisaxe. Todo parecía antiquísimo e recente a un tempo, como o outeiro de Anahorish, como o curro de Morgadáns.
E alí, naquela terra de ninguén, naquel recinto de luz e coio, apareceron estas palabras de Rosalía, atravesando toda amargura e toda desesperanza. Espetadas na parede cunha sincera inxenuidade. Espontáneas e rudas. Seguramente invencíbeis.
Despois, a tarde fóisenos entre Brens e A Pereiriña, entre Morquintián e Cantorna, entre Moraime e San Martiño de Ozón, entre Baíñas e Mintiráns. O mar, o millo, o sol, o verbo...
E alí, naquela terra de ninguén, naquel recinto de luz e coio, apareceron estas palabras de Rosalía, atravesando toda amargura e toda desesperanza. Espetadas na parede cunha sincera inxenuidade. Espontáneas e rudas. Seguramente invencíbeis.
Despois, a tarde fóisenos entre Brens e A Pereiriña, entre Morquintián e Cantorna, entre Moraime e San Martiño de Ozón, entre Baíñas e Mintiráns. O mar, o millo, o sol, o verbo...
Baíñas, Baíñas... E a min de que me soa ese sitio... Aínda que, a xulgar polo retorto do topónimo poderíse dicir "Baíñas, Baíñas, e ti de quen vés sendo?"
ResponderEliminarPois despois de preguntarllo unha e outra e outra vez e mesmo de ameazalo con palabras moi malsoantes, o topónimo BAÍÑAS deixoume como estaba, aínda debo agradecerlle que me permitise encher (el soíño) case 5 follas de tese. Penso que unha opción plausíbel (moito me gusta usar esta palabra!) será relacionalo co substantivo BAIO (< lat. BADIUS) 'marrón'. O caso é que este adxectivo xa se aplicaba no propio latín nun sentido especializado, pois usábase para describir a cor dos cabalos. Por iso podemos tirar por outro termo emparentado con BADIUS, que procede da mesma raíz indoeuropea ca el mais que pertencería xa ao substrato celta: *bodios/ *badios 'marelo, maralecido'. Quizais referido á cor da terra en certos lugares próximos a correntes fluviais e nos que se deposita area ou outros materiais dunha cor semellante. Por aí poderiamos explicar ao mellor BAIO, BAIONA... Mais xa sabes, Avelix, cando nos poñemos a derrapar en terras prerromanas, tanto pode ser lebre coma raposo...
ResponderEliminarE ás veces, mesmo as dúas cousas! ;-)
Bueno, cómpre dicir que, a partir de *badios, poderiamos ter un adxectivo *BADINEUS, -A, -UM, formación perfectamente posíbel en latín, e a partir de aí un sintagma *(TERRAS) BADINEAS, p.ex.
ResponderEliminarE aghora si que si, marcho que teño que marchar!