domingo, 18 de outubro de 2009

Manifestación

Hoxe é día de nos manifestarmos. De saírmos á rúa e demostrar que non somos catro gatos politizados. De berrar a quen queira oílo que estamos aquí, que a nosa lingua é unha uz vibrante, un látego de arxila, e que non estamos dispostos a que nos rouben as palabras, as consignas, as frases crípticas, os incendios da gorxa.
E que lles pese aos pailáns de sempre, aos señoritos de sempre, aos que nunca entenderán o que se nos remexe no corpo cando escoitamos a un neno de cinco anos falando na lingua dos vellos, conectando, remontando moitas xeracións en cada sílaba. Eles non, eles xamais o entenderán.
Hoxe é día de manifestación e alí habemos estar. Porque se aínda somos galegos, é por obra e graza do idioma.