quarta-feira, 12 de agosto de 2009

The strange travel: Belfast, abril de 2009

Hai uns meses, o amigo Alias pediume un pequeno relato ou crónica sobre a viaxe que realicei no mes de abril a un dos meus territorios soñados e obsesivos: Belfast (Beal Feirste en gaélico), a capital de Irlanda do Norte. Como quen di, o corazón do incendio, o rabuñazo que sangrou e sangrou naquel recuncho septentrional durante case catro décadas. Belfast foi, como imaxinaredes, un impacto. As palabras que tentan describilo (nun español mal mastigado por quen non ten a boca afeita a sílabas de meseta) fican escritas no estupendo blogue temático ao que antes me referín. Mais o que vos ofrezo hoxe aquí son as imaxes que trouxen de Belfast, ou algunhas delas, as que con maior agarimo reviso cada certo tempo. Quizais para asegurarme e cerciorarme de que, realmente, estiven alí, vin aquelas cousas e falei con aquelas xentes.
Que gustedes pois da montaxe (que, coma decote, é cativeira pero digna). Por certo, que a música de fondo son dous temiñas de Michael McGoldrick, ambos e dous tirados do seu por agora último traballo en solitario, Wired. Como vedes, ando en plena conta atrás para o concerto do vindeiro día 23!
Arú!


1 comentário:

  1. Gran video,y preciosa combinación musical.
    Si te parece bien,lo voy a meter en el blog para que lo pueda ver la gente un poco más.

    Un saludo Ulmo!

    *Por cierto gracias por el enlace y lo dicho.

    ResponderEliminar