Unha das poucas cousas positivas que teñen estas tardes cargadas de calor e insoportábel loira con que nos está a obsequiar o mes de agosto é a posibilidade de cubrir esas horas mortas vagando erraticamente pola rede, á procura de nada en particular. Mais esa navegación á deriva , sempre ao borde do naufraxio, é a que a miúdo nos permite descubrir cousas e datos que veñen a arrequentar esa sabedoría inútil, en xenial expresión do meu benquerido Seamus Heaney.
E así foi que hoxe á tarde descubrín que tamén os galeses teñen gaita de seu.
É certo que a música tradicional galesa non é precisamente a que máis facilidades ten para trascender as súas fronteiras, sobre todo se comparamos a súa máis que modesta difusión coa todopoderosa maquinaria de que dispoñen os ritmos irlandeses e escoceses (os galegos... teñen días, como dicía o outro). De feito, servidor non comezou a ter contacto coa música galesa até hai aproximadamente dez anos, grazas a aquel mítico recompilatorio chamado Naciones Celtas que me permitiu coñecer a banda máis emblemática daqueles lares (Ar Log, nome do grupo e tamén do dragón vermello que decora o emblema nacional galés, e que remite á biografía do mago Merlín... en fin, esa é fariña para outra muiñada). Tamén sabía que o instrumento nacional galés era a harpa (telyn en galés, telenn no idioma irmán bretón), e que as prohibicións de que foi obxecto por parte do poder imperial inglés repercutiu, de xeito moi similar ao ocorrido na Irlanda e na Escocia, nun especial desenvolvemento da música vocal, que no caso galés adoptou a forma de música coral. Mais resulta que, a maiores da harpa e do dragón vermello, os curmáns de Cymru tamén teñen gaita!
Nalgún foro lin que o que pasaba en realidade é que alguén descubrira un punteiro datado en 1810 nunha remota granxa de Gales, e que a partir de aí comezou todo un proxecto de revitalización dun instrumento do que non se tivera constancia nese país até ese momento. De feito, a forma cónica dese punteiro da discordia levou a sospeitar se non se trataría do punteiro dunha gaita do leste de Europa "importada" de xeito anecdótico e puntual a terras galesas.
A cousa, obviamente, non é tan sinxela.
Segundo parece, a gaita está documentada en Cymru desde o século XII, mais a decadencia xeralizada en que se sumiu a música tradicional galesa a raíz da industrialización no século XIX provocou a súa práctica extinción. De todos os xeitos, aínda hai referencias ao instrumento en textos desa época baixo o nome de pibau ou pibgorn (palabra esta última que é en todo clónica do inglés hornpipe) e alusións a personaxes como Edward of Gwern alcumado y pebydd (o gaiteiro). O curioso é que, nos restos gráficos e deseños que se conservan, a gaita galesa aparece cunha feitura moi similar á que podemos recoñecer noutras gaitas da beira atlántica, nomeadamente na binioù koz bretoa e sobre todo na gaita galega. Velaí o motivo de que os verdadeiros instigadores da recuperación moderna do instrumento, Gafin Morgan e Antwn Owen, acudiran á nosa terra para encargarlle ao Obradoiro Seivane a confección dunha gaita que, aínda que segue as pautas do que debeu ser ese intanxíbel e case mítico pibgorn, de memoria tan precaria, o certo é que soa talmente como unha cornamusa do país. De todos os xeitos, a cousa vai en serio, tal e como podedes comprobar no vídeo que aquí vos deixo e que foi gravado no Festival Interceltique de Lorient / An Oriant que acaba de rematar, no que Galiza foi protagonista indiscutíbel. Nel vemos unha banda de músicos galeses portando pibgorn de inspiración galaica e tamboriles de factoría asturiana. Con esa bagaxe instrumental, os paisanos de Artur Pendragon e Owen Glendower acometen a execución dunha serie de pezas tradicionais da súa terra. Obviamente, soan a galegas que é unha barbaridade. Que gostedes!

Ei Ulmo!
ResponderEliminarOlla que cousiña que xa quixéramos pros nosos cativos.
http://www.bbc.co.uk/wales/celts/index.shtml?1
Saude