Unha pequena xoia. Unha gravación de músicos irlandeses (máis ou menos afeccionados) tocando nas rúas de Kilrush en 1967. Pandeiros con ferreñas que ao mellor se nos fan familiares. Ritmos enérxicos e agudos ás portas das tabernas, ou no campo da feira, en calquera beirarrúa. E unha ledicia eléctrica nos rostros. Mesmo nos máis vellos e engurrados. Mesmo nos que, a aquelas alturas, xa viviran a dor e a guerra e toda a dureza daquela Irlanda de comezos de século.
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário