Sempre foi un dos meus poetas, e mesmo houbo unha época na que pensei en convertelo no tema da miña tese de doutoramento (mais os camiños da Universidade son inescrutábeis...). Con el descubrín moitas cousas, entre elas o palpitar do que aínda hoxe considero a verdadeira poesía, esa que habita, igual có lobo ou o buxato, nas paisaxes radicais e primixenias d'Os Eidos.
Aí foi onde aprendín a ollar de novo as cousas. A saborear a medula e a xenealoxía oculta das cousas. Soa místico. E quizais o sexa.
Seica nunha ocasión Finn Mc Cumal, o mítico xefe guerreiro dos Fianna irlandeses, preguntoulle a un druída se sabería dicirlle cal era a música máis fermosa do mundo. Ante as continuas respostas erradas do druída, Finn Mc Cumal acabou por darlle a solución: "A música máis fermosa é a música do que acontece".
Iso díxoo Finn Mc Cumal, mais eu, a verdade, aprendino e experimenteino n'Os Eidos de Uxío Novoneyra. Con poemas coma este que aquí vos deixo, para ler e remoer co inmellorábel compango que é a música dos Luar Na Lubre.

Vendo i ouvindo o río
vaise o tempo sin sentilo.
Naz'a auga su as abrairas
entr'as penas sombrizas
roxe e baixa
de pincheira en pincheira
e corre entretecida...
ESTA auga da presa
Sem comentários:
Enviar um comentário