A miña estadía dos últimos meses en Lisboa serviume, entre outras cousas, para cavilar sobre a sempre problemática relación do mundo galego con esa entidade un tanto difusa e desconcertante aínda para moitos galegos como é a Lusofonía. Unha das conclusións ás que cheguei é que a articulación entre esas dúas realidades, aínda que necesaria e seguramente imparábel, debe realizarse dentro dun marco máis amplo que é o atlantismo, ese mantra acuñado polos homes da Xeración Nós e que cada certo tempo reaparece en certos círculos da sociedade galega. Cando un observa desde o Miradouro de Santa Luzia, en Lisboa, a desembocadura do Tejo e evoca as barcas novas da cantiga de Johan Zorro desvirgando mundos comprende que non pode ser doutro xeito. É nese atlantismo onde o ser galaico, repartido entre as costas de Irlanda, os petroglifos da Armórica e os areais branquísimos do Brasil, podería encontrar un certo acougo e sentido.
Algo diso intuíu Carlos Núñez no seu Alborada do Brasil, que quizais co tempo acabe sendo unha sorte de manifesto musical para os que acreditamos no potencial creativo dese mito atlántico. Hai concretamente un tema dese disco no que converxen, de xeito intuitivo e case impresionista, algúns dos símbolos ao redor dos cales poderiamos repensar tales vínculos. O tema (que moi a miúdo me resoaba na memoria durante as miñas camiñatas lisboetas) chámase "Nau Bretoa", e a respeito dela escribe Fernando Conde evocadores comentarios. Tras lelos, un imaxina negros, bretóns, galegos de aquén e alén Miño, e unha forza nova chamada Brasil nacendo da colisión de todas esas tribos atlánticas...
Do mesmo xeito que encontramos no Brasil a conexión galega ou a irlandesa, tamén a hai bretoa. Por exemplo, Caramurú, que non se sabe se era da Coruña ou de Viana do Castelo (galaico de todos os xeitos), naufragou a comezos do século XVI e foi acollido polos indíxenas, namorando da india Paraguaçu, coa que tería os primeiros fillos mestizos do Brasil; con ela viaxou á Bretaña, onde foi bautizada, en Saint Malo, e casaron.
Nau Bretoa chamouse tamén un barco bretón que en 1511 foi o primeiro en levar escravos negros ao Brasil e en comerciar coa madeira chamada pau-brasil. É curioso que a Santa María de Colón, chamada en orixe La Gallega, non era en realidade unha carabela, senón tamén unha nao ou nau.
O grande artista pernambucano Lenine contoulle a Carlos que o seu avó era bretón e que despois de tocar en Galiza, estaba convencido de que a música nordestina eran con efecto "ecos chegados a través do Atlántico". Lenine canta con mestría unha belísima ciranda de letra mariñeira e Carlos respóndelle (evocando as cornas pastorís galegas ou berrantes no Brasil) con un aboio nordestino, equivalente aos cantos de bois galegos. Segundo o compositor nordestino Guerra Peixe, a súa orixe estaba nos Aboios do Minho [...]

Sem comentários:
Enviar um comentário