terça-feira, 20 de abril de 2010

A derradeira canción

Impresiona este vídeo. Unha fervenza de antropoloxía en estado puro. É Irlanda, é Áine Ní Dhroighneáin a que canta, mais podería ser calquera aldea galega de hai non moitos lustros. Para contemplar, escoitar e reflexionar. Para aproximarnos un pouco máis ao que fomos e, se cadra, endexamais deixaremos de ser.



(O vídeo é un extracto do filme irlandés Cre na Cille, ou sexa, Terra de cemiterio, baseado na novela homónima de Mairtin O Cadhain).

2 comentários: