Sinéad O'Connor ou a voz que só coñece a inclemencia dos extremos. Na gorxa de Sinéad sempre é outono, e as chuvias incesantes anegan o millo e arrastran salmóns estraños até o mesmísimo interior das cociñas. Unha tradición desgarrada que cheira a whisky e herbas da fame, iso é o que nos chega desde o xeito de cantar de Sinéad. E unha boa mostra é este The Factory Girl con que hoxe quero encetar a fin de semana.
Jerpoint Abbey
Há 3 horas
0 comentários:
Enviar um comentário