Desculpade o monopolio que nos últimos tempos exercen Irlanda e o irlandés nestas leiras de arxila, mais concordaredes comigo en que debeu ser un espectáculo comovedor.
As naos de Gráinne Mhaol entrando polo esteiro do Támese arriba, en procesión desafiante e altiva cara ao corazón de Londres, cara ao pulmón mesmo e a entraña viva do odiado e eterno Imperio, ese que desangra, que humilla, que esmaga e engole.
Aquel día, Gráinne Mhaol debeu emerxer ante os ollos da Sabela Tudor como unha desas raíñas irlandesas doutrora, como Medb a selvaxe e temíbel, dona do touro, do lume e das rutas do mar, centro do mundo, gozosa destrución.
A memoria, persitente como un arao das illas Aran, retivo o latexo daquel espectáculo e traduciuno en selvaxe hino de rebelión. Gráinne Mhaol vén por riba das augas / canda a ela, unha garda de guerreiros, / non son franceses nin españois, senón irlandeses / e han derrotar os estranxeiros.
Ao ritmo destes versos iríase tecendo a epopea da liberdade irlandesa, da epopea sin-feinner manuelantoniana, abríndose paso entre o sangue e a cebada.
Mais, no comezo, foi Gráinne Mhaol e o soño dos mares libres.
Un vídeo cuanto menos curioso y una versión muy buena.
ResponderEliminarUn saludo Ulmo!
Me alegro de que te haya gustado.
ResponderEliminarSaúdos!