sábado, 19 de setembro de 2009

Proverbios irlandeses e azucres aeroportuarios


An rud is annamh is iontach
(O estraño é marabilloso)
No aeroporto de Dublín, mentres agardabamos polo bus que nos había de levar a Belfast, deunos tempo a beber un par deses enormes cafés americanos, cos seus correspondentes sobres de azucre. Como aos irlandeses non lles gaña ninguén á hora de promocionar a súa cultura, cal non foi a miña sorpresa cando comprobei que en cada un deses sobres había escrito un proverbio en gaélico, coa súa correspondente tradución ao inglés. Obviamente, esta descuberta tivo como consecuencia unha verdadeira operación de asalto á cafetaría do aeroporto, co único fin de conseguir máis sobres de azucre ou, se o preferides, de acumular e atesourar máis sabencia. Agora ben, de todos os proverbios que trouxen dalá, sen dúbida o meu predilecto é este que vos deixo aquí. Ao meu entender, esta frase resume o que poderían dicir ducias de tratados de estética. De seguro que algúns dos meus autores máis prezados (un Cunqueiro, un Ferrín, un Borges, un Yeats...) habían de estar completamente de acordo con esta sentenza.

Sem comentários:

Enviar um comentário