sexta-feira, 9 de setembro de 2011

A estirpe imaxinaria

Hai uns días lin este poema que Antonio Rivero Taravillo lle dedicou ao noso amigo Chesús Yuste no seu estupendo blogue literario Fuego con Nieve. Como é un deses poemas que gostaría de ter escrito eu, non me resisto a compartilo desde estas leiras arxilescas, porque quizais sexa este un xeito como outro calquer de facelo un pouco meu.
  
GENEALOGÍAS
Para Chesús Yuste

Este profesor de Nueva Jersey
o este policía de Baltimore
buscan aquí su árbol genealógico.

Ya hay algo de un viaje al pasado
en recorrer los microfilmes
en busca de parroquias con verdina
y listas de pasajes
amotinados contra la pobreza.

Aquí yo, observándolos mientras,
que conozco mi estirpe, mi genealogía
que se remonta a Niall de los Cuatro Rehenes
y a Rafterí el poeta, y a Moore y a Pearse.

También procedo
de una avellaneda y de salmones
que siempre desovan en mi imaginación.
De un prado en que compiten las reses
y de barricas de licor clandestino.

Estoy seguro de mi linaje,
reconozco la canción,
y aunque no encuentre Dublín en Dublín,
la lluvia conoce mi nombre.

Quizais algún día tamén eu procure esa estirpe imaxinaria de carqueixa e turba. Quizais sexa nun épico ascenso a Cruach Phádraig, ou se cadra a bordo dun comboio no que, como lle pasara a Yeats, o son dun violín (e por que non ha ser este violín heroico e nostálxico de Caoimhín Ó Raghallaigh?) derrame sobre nosoutros a certeza dunha Idade de Ouro, que xa foi, ou que aínda está para ser...


 

Sem comentários:

Enviar um comentário