sexta-feira, 17 de junho de 2011

Páxaros cegos buscaban a auga...

Fragmentos dun poema atribuído ao profeta bretón Amaury Home Santo, quen debeu compolo mentres apodrecía na súa cavernosa cela da Bastilla, aló na cruel e ingrata Franza, por volta da decimosétima centuria.

ou ti que xeneras páxaros cegos desde a pupila
que arrasas e esquilmas a pupila

[...]

ti que fabricas a raíz calada do sabugueiro cando me mastigas

que me chamas lúa última rolando polas abas
do castro

ou ti a lagoa

[...]

ou ti a profundidade e o bramido desatado do boi e a cibdá estremecida [...]
na lagoa

e na procura da auga mergullar
palpitar
afondar
até arumes de vidro penetrárenme os ollos

rachar, miña turba, miña fraga de donda turba, megálito, rachar e [...]



1 comentário: