Falábavos onte dese equívoco topónimo Servia que lle dá nome a unha das aldeas de Santa Eulalia de Vilacova, en Lousame, ben preto do mosteiro de San Xusto de Toxos Outos. E deixaba para hoxe o caso doutra aldeíña desa mesma freguesía cuxo nome tamén se ten prestado a algunha que outra confusión: refírome a Comparada.
Hai uns meses puiden ler nun libro bastante coñecido de toponimia galega (como suporedes, vou contar o pecado e calar o pecador) unha posíbel explicación da forma Comparada, segundo a cal a súa orixe habería que a buscar no verbo latino comparāre, de onde procede en última instancia o noso actual comprar. Por tanto, o topónimo Comparada (cunha fonética arcaizante) estaría a facer referencia a unha propiedade, terra ou herdade que nalgún momento foi obxecto dunha operación de compra-venda. A dicer verdade, un xa ten escoitado cousas con menos xeito, e o certo é que hai outros topónimos en Galiza nos cales adiviñamos motivacións similares e que ben poderían avalar, por comparación, esta hipótese: velaí está, por exemplo, A Manda (Mazaricos), que moi probabelmente faga alusión a terras incluídas nunha manda testamentaria.
Cal é o problema? O problema, como adoita acontecer nos lamacentos terreos da toponimia, vén cando os autores obvian (obviamos, que disto ninguén está libre) as verdades da documentación antiga. E é que moitas veces, os manuscritos balorecidos conteñen datos que por si sós iluminan o camiño para explicarmos as cousas. E este é un deses casos.