Para os que imos e vimos de Euskal Herria à Galiza e da Galiza a Euskal Herria, a saída de Astúrias, numha ou noutra direcçom, sempre significa algo...
(Por certo, que Tuenda, umha das debilidades de quem gere este blogue, estarám o 29 deste mês em Boal, em terra asturiana de língua galega. E, se nom houver cousa de novo, por alá andaremos).
Non hai árbore máis difusa có ulmo, que medra a medio camiño entre a auga e a terra. Como quen di, é árbore de límite, de tremedal; dese pantano que para Heaney era "a paisaxe que lembra todo canto lle aconteceu". Nin hai cousa máis mol e fronteiriza cá arxila, que se derrete entre os dedos mentres agarda pola súa forma definitiva, esa que lle virá dada pola sabedoría e o lixeiro ollo do ourive. Benvidos pois a esta terra fronteiriza habitada polas teimas e obsesións dun tal Ulmo de Arxila...
Sem comentários:
Enviar um comentário