tag:blogger.com,1999:blog-41415535095207394.post1531135730905426060..comments2024-03-24T09:20:54.948+00:00Comments on ULMO DE ARXILA: 13 de novembroUnknownnoreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-41415535095207394.post-51542018552661422962009-11-17T22:03:06.354+00:002009-11-17T22:03:06.354+00:00Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades. E máis o...Mudam-se os tempos, mudam-se as vontades. E máis o carallo! Os tempos mudaron, si. Xa non somos aqueles rapaces atoleirados que acudiron con ansias e un fondo azul (vale, no meu caso máis xustificado) nos ollos á Facultade de Económicas a escoitar como se viña de fundar uns minutos antes algo aínda daquela descoñecido: Nunca Máis. Imos 7 anos máis vellos, os tempos mudaron e mudáronnos mais as vontades... as vontades non mudaron moito. O mar pouco a pouco volve a ser o mesmo mar, mais os que o esgazan non mudaron nadiña. As nosas vontades tampouco mudaron. Por desgraza as nosas vontades inclúen a negra espera da negra mancha para volver a loitar contra ela. Dos que deberan evitala, as vontades non cambiarán nunca.ghuilianxallashttps://www.blogger.com/profile/06696161320956677961noreply@blogger.com